Selección de alumnos/as para os cursos gratuitos do proxecto Vigo Medio Natural
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Mediante instancia solicitando participar no proceso de selección. Prazo: Do día 6 de xullo ata o 30 de agosto de 2009 Presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei s/n. (Vigo). Dirixido ao Servizo de Promoción Económica e Emprego. Horario de entrega: De 9:00 a 13:00 horas. Documentación: Xunto coa instancia achegarase a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos xerais ( Traballadores/as en activo ) e específicos establecidos nas presentes bases .